"(...) Aquí sorprende moito o civismo mostrado polos xaponeses. Como logran isto?
Amosar, si que amosan os sentimentos, pero para un occidental, acostumado a outro patrón para codificalos e a unha dose de expresividade ben distinta, pode parecer que non hai nada onde un ollo máis afeito descobre matices. A súa idiosincrasia xa tende ó compromiso social e á confianza nos do seu grupo. Coido que tamén pesa a súa longa relación cunha natureza non sempre amable, así como unha fonda filosofía budista do "carpe diem". Para unha cultura de orixe xudeucristiá como a occidental , é moi difícil non xa compartir esa visión da vida, senón sequera comprendela. (...)"
Fonte | Galicia Hoxe