Non teño nin idea de tecnoloxías, por moito que me explicaran que se accedo á proposta da comunidade terei menos ancho de banda e algúns problemas de privacidade, pero tamén aforrarei os meus cuartos. O meu é pura vinganza, si señor, pura vinganza aínda cando levo menos dun ano vivindo onde vivo. Non vou compartir liña telefónica simplemente porque non me sae das narices, porque non me apetece compartir nada cuns tipos cos que xa comparto as conversas por móbil a berros cada noite, a montaxe dos mobles de Ikea a leñazo limpo cada domingo a primeira hora e, sobre todo, o xornal cada mañá. Porque se me mangan La Voz todos os días, que non farían se tivesen un mínimo acceso ao meu ordenador.
(Post data, engadida despois de asistir á xuntanza: non foi tan terrible. Discúlpenme, queridísimos veciños).
Fonte | La Voz de Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario