(...) Según sexa o sistema de elección estipulado nos estatutos ou na propia costume establecida nos acordos reflexados no libro de actas, si che toca tes que apandar co cargo "velis nolis". Non o digo eu, o dí o artículo 13.2 da ley de propiedade horizontal. Así que resignación, porque durante todo un ano vas a ser o branco de toda-las críticas. Fagas o que fagas, sempre haberá motivos para botar abaixo as túas tímidas ilusións. Agás que… sendo dono e tendo o teu piso alugado, vivas a 500 kilómetros de distancia, "exempli gratia". Aquí podes ter una probabilidade. O que acontece si ti solicitas a renuncia no mes seguinte ao teu flamante nomeamento, eso sí, dirixíndote ao xuiz, porque as cousas hai que facelas como Deus manda e sempre dentro da legalidade. Mediante un xuizo moi sinxelo en canto ao procedemento, que se chama "de equidade", o señor xuiz dirá a todo-los conveciños de esta nosa comunidade, quen raio vai a ser o incauto que, mal que lle pese, vai a levar o destino de tan pesada misión. Igualiño que aquel parvo chamado Sísifo que por mor dunha xenreira dos deuses gregos de aquel entonces foi obrigado a levar unha rocha coma un mundo ao cumio dunha montaña, para unha vez arriba mirar abraiado como caía ladeira abaixo "ab absurdo", lóxicamente polo efecto da gravidade, o que ocorre que el daquela non o sabía. E para máis carallada este castigo divino era "in aeternum". ¡Mira que hai que ser revirado para desexar a un home semellante tormento (...)
Fonte | Faro de Vigo
Ningún comentario:
Publicar un comentario