luns, 19 de novembro de 2018

Addenda et corrigenda - Faro de Vigo (18/08/13)

(...) Para ilustrar a arquitectura relixiosa da parroquia de Figueiroa, a web oficial do concello exhibe unha fotografía da capela da Santa Catarina, situada na aldea de Lourido, pertencente á parroquia de Cerdedo. Por máis que en Cerdedo esteamos afeitos á rápida extinción de calquera iniciativa, moito lamentamos a pólvora mollada da chamada "aldea etnográfica de Loureiro". Non obstante, aínda que só fose por compensar, é inadmisíbel que na restra de valores desta freguesía a web desbote o rechamante conxunto megalítico do Campo dos Cans (monte de Loureiro): oito mámoas en disposición circular; ou o gravado rupestre do Outeiro do Mestre (monte de Deán): círculos concéntricos tipo "castañola", excelsa mostra artística da nosa Idade do Bronce. No que atangue á Idade do Ferro, a parroquia de Figueiroa conta co xacemento castrexo da aldea de Vilar.(...)

Non agoniemos, avancemos a paso de boi e apliquemos, de primeiras, a necesaria addenda et corrigenda á bisoña web oficial do concello de Cerdedo. (...)

Fonte | Faro de Vigo

Ningún comentario:

Cogito,ergo sum - La Voz de Galicia (18/10/2020)

(..) Esta nueva normalidad (asimismo un signo lingüístico descalabrado), que ha supuesto, ahora sí, un descalabro verdadero, o sea, gnoseoló...