xoves, 24 de maio de 2018
Scoop.it! Lapsus calami/Ad hoc - Faro de Vigo (19/03/2011)
(...) Non ten volta: "e o fixéchedes" non deixa de ser unha construción mal feita, un galego ruinceiro. Mais a pregunta vén ser xa esoutra: por que o señor alcalde, e mariachis adxuntos, se conducen de tal xeito? Na estima deste modesto cronista, caben tres posibilidades: a primeira, desde logo, é que se trate dun simple lapsus calami; a segunda está en que nos situemos perante unha calculada forma de chamar a atención; o terceiro suposto, en fin, viría ser que D. Abel e familia viñesen "pasar" moi moito de morfoloxías e sintaxes.
Un lapsus calami… pero home: é que non hai no entorno da Alcaldía viguesa alguén que aprobase o galego de 4º da ESO? Será preciso nomear talvez unha comisión ad hoc para redactar correctamente a propaganda electoral? E que se fixo dos normalizadores? Acaso non lles pagan e vén ser esa a súa maneira de declararse en folga? Non haberá por todo o concello de Vigo nin un triste exemplar dun urxente manual de galego urxente? D. Manuel Bragado, D. Víctor Freixanes, D. Bieito Ledo e demais editores: xa sei que estamos en crise, mais non sexan Vdes. cutres e regálenlle unha gramática do noso idioma aos nos benamados rexidores! (...)
Fonte | Faro de Vigo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Cogito,ergo sum - La Voz de Galicia (18/10/2020)
(..) Esta nueva normalidad (asimismo un signo lingüístico descalabrado), que ha supuesto, ahora sí, un descalabro verdadero, o sea, gnoseoló...
-
(..) Esta nueva normalidad (asimismo un signo lingüístico descalabrado), que ha supuesto, ahora sí, un descalabro verdadero, o sea, gnoseoló...
-
El estudio autópsico post-mortem emerge como un hito en la historia de la medicina al permitir comprender la causa de las enfermedades por m...
-
(...) Se trata de "tomar medidas para la contención de gastos para el personal de la Santa Sede, la Gobernación del Estado de la Ciud...
Ningún comentario:
Publicar un comentario