xoves, 24 de maio de 2018

contra naturam - La Voz De Galicia (23/07/04)

O PRIMEIRO texto do maxisterio eclesiástico sobre o matrimonio-sacramento data do século XII, concilio II de Letrán, ano 1139. A voda era cuestión familiar, que foi introducindo elementos cerimoniais. Agora o non crente pode verse inducido a sacrilexio. Só no século XVI, ano 1553, o concilio de Trento afirmou a sacramentalidade, pero ninguén fixo alusión ás vodas de Caná de Galilea.
Dada a loita actual polo matrimonio de lesbianas e gais, achego estas notas: a) o delito de Sodoma e Gomorra consiste na falta de hospitalidade, como din profetas, incluído o de Nazaré; b) non é certo que o verbo «coñecer» teña en hebreo significación sexual prominente: de 942 veces soamente 10 veces implica coñecemento xenital. Os moralistas falan de pecado «contra naturam» a partir dun mundo animal só heterosexual; os científicos retrucan amosando a relación homosexual de máis de 20 especies. Se non tiveren viño, haos acompañar o amarguexo dunha copa solidaria.

Fonte | www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Cogito,ergo sum - La Voz de Galicia (18/10/2020)

(..) Esta nueva normalidad (asimismo un signo lingüístico descalabrado), que ha supuesto, ahora sí, un descalabro verdadero, o sea, gnoseoló...