(...) Isto fíxome reflexionar sobre por que na nosa cultura o tempo nos acabou tiranizando. Quen é o responsable de que nos vexamos vivindo baixo a escravitude do reloxo?... Sinto acabar sempre no mesmo punto, pero a industria, como alma mater da organización social moderna, é sen dúbida a culpable. A nosa vida laboral organízase en función dunha estricta exactitude temporal e o peor é que isto se acabou estendendo ó outro tempo que chamamos ‘libre’. É bastante habitual ver como na nosa sociedade se programa o ocio con estrictos horarios que a calquera persoa amante do sosego e da liberdade lle resultarían intolerables (...)
Fonte | El Progreso
Ningún comentario:
Publicar un comentario