xoves, 31 de maio de 2018

Carpe Diem - La Voz de Galicia (26/02/2005)

"MARCHA febreiro e nós collemos o pantalón curto da primavera, coa súa maquillaxe que nunca debes quitar, con su capuchino. Con su luz, sus pajaritos y sus canciones de amor con granos.
Chega a primavera con chuvias (digo isto coa pericia proporcionada polo estudio de Climatoloxía, ciencia que cursamos no último curso de Xeografía). Chuvia a diestro y siniestro. Chuvia áxil como un soño. Esta noite, por exemplo, soñei que me queimaba na auga quente das Burgas. Que a auga quente das Burgas saía por todas as duchas de Ourense provincia. Tornábase vermella, morada, negra. A auga quente das Burgas mollaba o meu corazón como unha mazá de Adán e Eva, namorada por fin duns ollos cor mel azucena.
Un soña por afición aos soños. Porque non queda máis remedio. Porque o de Horacio segue a ser a única filosofía vital que profeso e profesamos (a miña banda).
Carpe diem. Aproveita o día. Vive o presente. Apreta as horas, os segundos, os minutos encaracolados entre a herba medio amarga dun gintonic. Ou ginkás, licorcafé, cubatas varios... depende. Carpe diem, corazón. Este febreiro que marcha. Esta primavera que agarda. Con chuvia, o sin ella. Hablo con la autoridad que me otorga el fracaso, escribió Scott Fitzgerald. Yo, también."

Fonte | La Voz de Galicia

Ningún comentario:

Cogito,ergo sum - La Voz de Galicia (18/10/2020)

(..) Esta nueva normalidad (asimismo un signo lingüístico descalabrado), que ha supuesto, ahora sí, un descalabro verdadero, o sea, gnoseoló...